martes, 23 de abril de 2024

23 de Abril. Día do Libro.

Hoxe 23 de abril é o Día do libro. Os nenos de Infantil puxemos en funcionamento o noso emocionómetro coa lectura dun dos nosos contos favoritos. "Chibos, Chibóns". Ademais fixemos un "Contiemoción". Queredes saber en que consiste?. Ollade o video e averiguaredes.😊😁🤣
día do libro! de veronica

xoves, 18 de abril de 2024

Proxecto O medo. "As pantasmas"

A semana pasada recibimos unha carta da pantasma Asma. Estaba un pouco enfadada porque a profe Eva e Lucho esqueceran os deberes na escola de pantasmas e iso supón unha falta graviiiisima que pode custarlles a expulsión. Tiñan a oportunidade de facelos coa nosa axuda, nós non queremos que os expulsen, así que a aplicarse todo o mundo!!!.
Carnés pantasmas de veronica

mércores, 10 de abril de 2024

Proxecto O medo. "As pantasmas".

Arrincamos o terceiro trimestre e con el dentro do proxecto "O medo" comezamos unha nova temática "AS PANTASMAS". Acordádesvos de Brujilda?, Sí, acertastes, a directora da escola de bruxería que nos acompañou durante o segundo trimestre. Pois volvemos a ter novas dela, sabedes que ao lado da escola de bruxería abriron unha escola de pantasmas?. E a que non adiviñades quen está matriculada nesta escola?, nin máis nin menos que a profe Eva. Grazas profe Eva pola túa participación neste proxecto.
As pantasmas de veronica

xoves, 28 de marzo de 2024

VISITAMOS O PORTO DA CORUÑA

Remata o segundo trimestre e neste último día de clase visitamos o "Porto da Coruña". Ollade que ben o pasamos!!!.
Porto Coruña de veronica

mércores, 27 de marzo de 2024

ANIVERSARIOS MARZO

Como é de costume cada mes celebramos os aniversarios correspondentes, sabedes quén son os homenaxeados neste mes de marzo? Ollade e veredes.
happy de veronica

martes, 12 de marzo de 2024

PROXECTO "O MEDO". PÓCIMA PARA CORRER

Van por moi bo camiño estes aprencides a brux@s. Aprenden moi rápido. Desta vez puxeron a funcionar a súa imaxinación para inventar unha pócima para correr. Ollade e veredes.
PÓCIMA PARA CORRER de veronica

venres, 1 de marzo de 2024

ANIVERSARIOS FEBREIRO.

Febreiro, segundo mes do ano, e con el celebramos o aniversario de Aarón. Agardamos que o pasaras moi ben na túa festiña. Parabéns Aarón!!!!!
Feliz cumpleaños Aarón de veronica